Buscar neste blog

martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 


E chegou o Día do libro 2024 e a nosa Biblioteca encheuse de doces e de lectores e lectoras desexándose un moi feliz Día do Libro.

Libros e chocolate. Feliz combinación.

A por outro ano lector.



GAÑADORAS DE QUEN É QUEN

 


Xa temos as gañadoras do noso concurso "Quen é quen?" para celebrar o Día do libro. E non foi unha, foron tres!!!

Conchi, unha das nosas conserxes, e as profesoras Diana Babarro e Ana Rodríguez, foron as flamantes gañadoras de tan "dificilisisisísimo" concurso.

Noraboa!!!





INFAMIA, NO CLUB DE 2º

 


O Club de lectura de 2º de ESO compartiu nesta ocasión a lectura de Infamia, de Ledicia Costas.

Son unhas grandes lectoras da autora galega e este libro non lles defraudou.

Para a seguinte lectura escolleron o primeiro da serie Percy Jackson.